martes, 7 de abril de 2020

A regueifar!


Alguén se acorda do que son as regueifas?

Fagamos un repaso. A regueifa é un canto ou cantiga en forma de disputa entre dúas persoas. É de orixe galego-portugués. Na actualidade podería ter un parecido co rap ou co hip-hop.
Nun principio, os temas centrábanse en disputas persoais, pero máis recentemente trátanse asuntos de actualidade. Adoitan ter a forma de catro versos de oito sílabas, con rima no segundo e no cuarto.

“Os temas da regueifas son variados, mais polo xeral, hai unha boa dose de humor ou retranca, o que fai que este tipo de cantares sexan moi divertidos para todos os públicos. A controversia entre os regueifeiros pode durar horas, e gáñaa o que canta a última copla. A regueifa é un xénero musical e popular que se está perdendo, ao igual que a cultura tradicional galega (contos, cantigas, refráns, algúns bailes...), pois normalmente non hai relevo xeracional por diversas razóns, aínda que hai zonas máis ricas neste tipo de literatura popular, como pode ser o caso da costa da Morte. Así mesmo tamén se poden escoitar en Portugal os denominados cantares ao desafío, no Brasil e Colombia os chamados repentistas, e na Arxentina e no Uruguai o desafío entre payadores, mais a temática destes últimos é seria e máis poética.

Son poucos os regueifeiros activos que quedan, mais hai algúns recuperadores e divulgadores deste xénero como Pinto d'Herbón ou Luís Caruncho.” 

No seguinte enlace podedes velos actuando:


Deixovos a continuación algún enlace e información máis relacionados con este tema. Un deles relativo a un certame, por se alguén de vós se anima a participar.  Podedes preparar unha  regueifa simpática en colaboración con alguén da vosa familia que se anime a participar...




Ningún comentario:

Publicar un comentario