venres, 3 de abril de 2020

Calendario * Competencial


Acordádesvos do que é unha *competencia? Nalgunha ocasión temos falado en clase sobre o que son as competencias clave. Unha competencia sería algo así como a capacidade de poñer en práctica, en situacións diferentes da nosa vida, tanto a teoría que aprendemos en clase como as habilidades e coñecementos prácticos e as actitudes persoais que imos tamén adquirindo a medida que imos crecendo. É dicir, levar á práctica todo o que imos aprendendo en todos os aspectos da nosa vida.

Algúns exemplos de competencias clave na educación poderíamos explicalas así:                                             
  • Competencia en comunicacióin lingüística: Refírese á capacidade ou habilidade que temos as persoas para utilizar a lingua, expresar ideas e interactuar con outras persoas de maneira oral e escrita. Cada vez que falamos con alguén ou escribimos algo estamos utilizando esta competencia. Canto mellor nos expresemos, tanto por escrito como oralmente, máis desenvolvida estará esta competencia.
  • Competencia matemática e en ciencia e tecnoloxía.  Refírese á habilidade de aplicar o razoamento matemático para resolver cuestións da nosa vida cotiá (cando mercamos algo, cando calculamos os gramos de azucre que debe levar unha receita de cociña, cando temos que repartir unha pizza para alguén en partes iguais, ou cantos meses necesito aforrar da miña paga se quero merca un novo videoxogo) En ciencia e tecnoloxía, sería a habilidade de utilizar os coñecementos e  métodos científicos para explicar a realidade que nos rodea.
  • Competencia en aprender a aprender:  Esta sería tamén  unha das principais, xa que implica o desenvolvemento das vosas habilidades para aprender cousas novas e saber manter esa aprendizaxe, así como a capacidade de orgnanizar as tarefas e o tempo de que dispoñemos, e ademais aprender a traballar de maneira individual, pero tamén  colectiva, para acadar un obxectivo.
Hai máis competencias clave (social, dixital...), pero espero  que estas vos dean unha idea de en que consiste unha competencia e vos axude a comprender mellor o interese e  significado das actividades que vos propoño no enlace que vos anoto a continuación.

Na web de Aulas Galegas hai unha entrada moi interesante en relación co concepto de "competencia":  “Calendario competencial para Educación Primaria”. Ofrece unha interesante e ben escollida relación de actividades baseadas en competencias propias do currículo de 6º (o currículo vén sendo todo aquilo que estudamos no cole). 
Podedes escoller unha para cada día da semana, ou seleccionar aquelas que máis vos interesen, claro. Varias deseas actividades pódense realizar coa colaboración e/ou axuda das vosas familias... Este é o enlace: 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario