Na actividade de sociais do venres, 24 de abril, hai unha errata no nº de páxina, non é a páxina 167 senón a páxina 67. Desculpádeme.
Aproveito este post para felicitarvos pola dedicación e esforzo que todas e todos, sen excepción, estades poñendo nestes días de confinamento tan longos e difíciles.
Estou convencido de que as vosas familias están moi orgullosas de vós pola responsabilidade que estades a demostrar respecto das tarefas do cole e o ben que vos organizades. Non me cabe a menor dúbida de que tamén estades actuando moi responsablemente á hora de facilitar a convivencia nas vosas casas, colaborando coas tarefas do fogar, sendo comprensivos/as e empáticos/as ante as situacións difíciles que se poidan dar e facendo todo canto está nas vosas mans para que esta cuarentena sexa o máis levadeira posible. Moitísimos parabéns!
Deixovos a continuación unha presentación que chama a atención, unha especie de xogo coa "maxia" que agochan os números. Unha vez que premades no enlace, facede clic co rato onde pon "abrir con" para poder ver a presentación co programa "Presentacións de Google", ou outro semellante, e así xa podedes ir avanzando pouco a pouco polas diferentes diapositivas (deste xeito desfrútase máis do efecto sorpresa ...😉)
Tamén un obradoiro interesante e práctico para quen queira ampliar os seus coñecementos na área de Ed. Plástica: aprender a debuxar un pouco mellor do que xa o facedes!
Non deixedes de miralo, creo que non vos decepcionará.
https://www.domestika.org/es/courses/582-dibujo-y-creatividad-para-pequenos-grandes-artistas/course
E, por último, aproveitando que estamos en fin de semana, e para quen lle guste o circo, aquí tedes unha boa ocasión para ver unha actuacion do Circo do Sol.
https://www.youtube.com/watch?v=nQ5eUJNXrMw&feature=youtu.be
A seguir coidándose e co ánimo ARRIBA↑.
Unha grande e agarimosa aperta para todas/os e deséxovos que desfrutedes todo canto poidades dos paseos que, por fin, poderedes empezar a dar a partires deste domingo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario