Bo día, rapaciños/as!
Supoño que moitas/os de vós xa vos enteráchedes
do tristísimo acontecemento que tivo lugar hai uns días. Refírome ao
falecemento por accidente dunha compañeira do colexio, Lidia, que estudaba en
4º de primaria. Ás veces, suceden cousas que non son doadas de aceptar
porque causan unha dor inmensa. Eu sinto a necesidade de compartir esta
tristura con vós e sei que me comprendedes. Tamén sei que aqueles/as de nós que
a coñecíamos a recordaremos con agarimo e tenrura.
En ocasións, resulta difícil dar resposta a moitas das nosas dúbidas. Este precioso poema o reflicte moi ben. Quero tamén compartilo con vós.
AMAR AS PREGUNTAS
Ten
paciencia con todo aquilo
que non se resolveu no teu corazón
e intenta amar as preguntas por sí mesmas,
como se fosen cuartos pechados
ou libros escritos nunha lingua estranxeira.
que non se resolveu no teu corazón
e intenta amar as preguntas por sí mesmas,
como se fosen cuartos pechados
ou libros escritos nunha lingua estranxeira.
Non busques agora as respostas
que non esteas preparado para vivir,
pois a clave é vivilo todo.
que non esteas preparado para vivir,
pois a clave é vivilo todo.
Vive as preguntas agora.
Tal vez as atopes, pouco a pouco, sen notalas,
e algún día lonxano chegues ás respostas.
Tal vez as atopes, pouco a pouco, sen notalas,
e algún día lonxano chegues ás respostas.
Rainer
Maria Rilke
Dedicada a Lidia. "Ra sobre nenúfar"
En recordo dos lindos momentos que pasou na charca do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario