Envíovos a continuación uns cantos enlaces importantes.
Son videotitoriais que explican algúns dos contidos que traballamos en matemáticas. Se alguén quere ampliar, están aloxados na web da que vos falei hai xa varias semanas: https://www.unprofesor.com/.
Estes que vos deixo agora están relacionados coas actividades de repaso que vos fun subindo ao blog, tanto as que se encontran ao final dos temas dos libros de texto, como as que vos engadín a mairores.
É importante, como xa vos comentei en varias ocasións, que se intenten repasar o mellor posible. E están especialmente destinadas a aqueles/as de vós que tivestes máis dificultades cando estudastes eses contidos e/ou non aprovastes a 1ª e/ou a 2ª avaliación. Neste caso, é imprescindible que as revisedes ben.
Para organizarvos ben, eu aconsellaríavos que fórades realizando as actividades de repaso amodiño e revisando ben eses contidos; e suxírovos tamén que non avancedes con contidos novos ata que os de reforzo estean rematados. Cada un/unha de vós pode (e debe) ir facendo ao ritmo que necesite. O único que hai que ter ben en conta é que o que se vaia facendo se comprenda o mellor posible. Con isto quero dicir que se recibides unha programación nova e todavía tedes pendentes tarefas anteriores, o mellor será ir rematando o que teñades pendente.
Por suposto, non se trata de visionalos todos seguidos, senón de recurrir a eles cando o necesitedes para repasar algúns deses contidos. En ningún caso sustitúen aos contidos explicados nos libros de texto, aos que teredes tamén que recurrir para completar a información que vos falte e poder revisar distintos tipos de actividades.
Ao final de cada titorial atoparedes dous cadradiños en cor azul, un pon "ejercicios" e outro pon "soluciones". Estes débense de facer tamén para asegurarse de que se entendeu ben a teoría.
Estes son os videotitoriais:
- Xeraquía de operacións combinadas: https://www.unprofesor.com/matematicas/jerarquia-de-operaciones-combinadas-1975.html
- Que son os múltiplos: https://www.unprofesor.com/matematicas/que-son-los-multiplos-1136.html
- Como obter os múltiplos dun número decimal: https://www.unprofesor.com/matematicas/como-obtener-los-multiplos-de-un-numero-natural-1977.html
- Mínimo común múltiplo: https://www.unprofesor.com/matematicas/como-sacar-el-minimo-comun-multiplo-1143.html
- Que son os divisores: https://www.unprofesor.com/matematicas/que-son-los-divisores-1137.html
- Máximo común divisor.:https://www.unprofesor.com/matematicas/como-sacar-el-maximo-comun-divisor-1142.html
- Calcular os divisores dun número: https://www.unprofesor.com/matematicas/calcular-los-divisores-de-un-numero-1979.html
- Como obter os divisores dun número https://www.unprofesor.com/matematicas/como-hallar-los-divisores-de-un-numero-1138.htm
- Dividir un número enteiro entre un número decimal: https://www.unprofesor.com/matematicas/dividir-un-numero-entero-entre-un-numero-decimal-386.html
- Dividir un n´º decimal entre outro decimal: https://www.unprofesor.com/matematicas/dividir-un-numero-decimal-entre-otro-decimal-387.html
- Convertir decimal a fracción: https://www.unprofesor.com/matematicas/convertir-decimal-a-fraccion-1391.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario