martes, 16 de xuño de 2020

Información vídeos evolución e pantasma en botella

Ola, colenautas!

Quedei cunha certa tristura despois desta última videoconferencia, pero alomenos verémonos  de novo no cole o día 25 para a recollida do voso historial académico e algúns/unhas de vós para a devolución do fondo de libros. Xa sabedes que ides recibir un aviso por Abalar Móbil nuns días, no que vos indicarei as instrucións que se deberán de seguir e o horario concreto, que será entre as 9.30h e as 12.30h.
Deixovos a continuación os enlaces do experimento da “pantasma”  para os/as que queirades facelo nas vacacións e o do vídeo “quen foi o primeiro ser humano” para os/as que tiveron problemas co son durante o visionado na videoconferencia.
Unha aperta!



https://www.youtube.com/watch?v=Ktew-qY8qlU


Unha aperta grande e ata moi pronto!

luns, 1 de xuño de 2020

Fluídos, física, botella, experimento

Ola, Colenautas!

Supoño que xa vos estades desquitando un pouco do confinamento e, áinda que con producencia e respectando as normas de seguridade e hixiene, xa teredes ido varias veces á praia, ao monte, a pasear, e supoño tamén (mañá xa contaredes na videoconferencia) que teredes visto a unha boa parte de toda esa xentiña que tanto botábades de menos...

Hoxe deixovos un pequeno vídeo que nos fala de "ciencia". É algo que nos resultará moi familiar, pois seguro que o teremos feito moitas veces, pero sen decatarnos do por que... 
O que se mostra é como ao crear un vórtice (remuíño) o líquido do interior dunha botella, garrafa, etc., vacíase bastante máis rápido, ao equilibrar o líquido que sae e o aire que entra.



Apps para divertirse aprendiendo ciencia | EDUCACIÓN 3.0

xoves, 21 de maio de 2020

Concurso literario

Fermoso día!

Na web de Aulas Galegas anuncian un concurso para promover a lingua escrita e o desenvolvemento do talento e ficción sonora como xénero.
Chámase "Ouvea o lobo". O prazo de presentación de textos para seren versionados remata o 15 de xuño
Por se queredes participar, deixovos aquí o enlace ao concurso.


mércores, 20 de maio de 2020

RECOLLIDA MATERIAL NO COLEXIO

Boa tarde!
Respecto á recollida de material, xa están algunhas das cousas que deixastes (carpetas, neceser, etc.) organizadas cos vosos nomes nas mesas da aula. Pero non se sabe aínda que día se pode pasar recollelas... O mellor é consultalo na web do colexio ou chamando por tfn tamén ao centro.
Unha aperta.
Carlos

martes, 19 de maio de 2020

Presentación Lince Ibérico

Ola, ola, ola, navegantes dos mares dos mundos dixitais!

Deixovos o enlace a unha estupenda presentación que fixo o voso compañerio Xavi sobre o Lince Ibérico. Seguro que vos encanta.

Outras actividades sobre Ricardo Carvalho Calero

Moi bo día a todas e todos!

De seguido, tedes unhas actividades sobre Ricardo Carvalho Calero que nos aportan desde a biblioteca e o equipo de Dinamización lingüística do cole. E unha tereira, extraída doutra fonte. Unha é máis ben unha pequena presentación e as outras teñen actividades bonitas e interesantes para facer on line. Escollede as que máis vos gusten e acabaredes tendo un bo coñecemento do autor homenaxeado este ano no Dia das Letras Galegas.


SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO (mércores, xoves e venres)

luns, 18 de maio de 2020

SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO (Luns e martes)


SEMANA DO 18 ao 24 de maio

Bo día, rapaciños/as!

Supoño que moitas/os de vós xa vos enteráchedes do tristísimo acontecemento que tivo lugar hai uns días. Refírome ao falecemento por accidente dunha compañeira do colexio, Lidia, que estudaba en 4º de primaria. Ás veces, suceden cousas que non son doadas de aceptar porque causan unha dor inmensa. Eu sinto a necesidade de compartir esta tristura con vós e sei que me comprendedes. Tamén sei que aqueles/as de nós que a coñecíamos a recordaremos con agarimo e tenrura.

En ocasións, resulta difícil dar resposta a moitas das nosas dúbidas. Este precioso poema o reflicte moi ben. Quero tamén compartilo con vós.


                                                             AMAR AS PREGUNTAS

Ten paciencia con todo aquilo
que non se resolveu no teu corazón
e intenta amar as preguntas por sí mesmas,
como se fosen cuartos pechados
ou libros escritos nunha lingua estranxeira.
Non busques agora as respostas
que non esteas preparado para vivir,
pois a clave é vivilo todo.
Vive as preguntas agora.
Tal vez as atopes, pouco a pouco, sen notalas,
e algún día lonxano chegues ás respostas.

                                                                          Rainer Maria Rilke



Dedicada a Lidia. "Ra sobre nenúfar"  
En recordo dos  lindos momentos que pasou  na  charca do cole.

En sinal de dó pola súa pérdida, hoxe luns e mañá martes non realizaremos ningunha tarefa escolar. A programación semanal empezará o mércores.


venres, 15 de maio de 2020

Un par de avisos e algunha cousiña máis


Boa día a todas e todos!
Xa estamos a venres de novo. O tempo, como vedes, pasa ben rápido, verdade?

Sei polos vosos correos que estades ben, dentro do que permiten estas circunstancias, o que me alegra moito; pois ben sei que sempre é dificil afrontar os problemas e obstáculos que, en ocasións, se nos presentan nas nosas vidas.
En relación con isto, hai unha palabra (resilencia) que explica moi ben como podemos actuar as persoas ante as adversidades, ante os problemas ou acontecementos difíciles. Para que teñades unha idea de en que consiste isto da "resilencia", deixovos aquí acceso a un  vídeo onde se explica de maneira moi sinxela e clariña. Seguro que vos interesará.


NOTIFICACIÓNS:

1. Da  páx. 189 de L.G. pedinvos que fixerades a actividade nº4, pero é un erro (non hai ese número nesa páxina, sería en realidade a nº 10 (supoño que xa vos daríades de conta polo contido do enunciado, pero por se acaso, aquí tedes a correción.

2. O día que remataron as clases presenciais recollimos todo o noso material escolar nas mochilas e levámolo para casa porque non sabíamos o que ía durar o confinamento. Pois ben, se aínda así hai alguén que esquecera algo na aula, que me avise por correo que me achego ata o cole para darllo a Pilar, a conserlle, para que poidades despois ir por alí para recollelo.

Deixovos tamén a continuación algún enlace máis sobre o tema 11 de mates.


Enlaces con explicaciones:






Conversores de unidades 



E isto é todo por hoxe.
Unha aperta grandísima e desfrutade todo canto poidades da fin de semana.