luns, 18 de maio de 2020

SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO (Luns e martes)


SEMANA DO 18 ao 24 de maio

Bo día, rapaciños/as!

Supoño que moitas/os de vós xa vos enteráchedes do tristísimo acontecemento que tivo lugar hai uns días. Refírome ao falecemento por accidente dunha compañeira do colexio, Lidia, que estudaba en 4º de primaria. Ás veces, suceden cousas que non son doadas de aceptar porque causan unha dor inmensa. Eu sinto a necesidade de compartir esta tristura con vós e sei que me comprendedes. Tamén sei que aqueles/as de nós que a coñecíamos a recordaremos con agarimo e tenrura.

En ocasións, resulta difícil dar resposta a moitas das nosas dúbidas. Este precioso poema o reflicte moi ben. Quero tamén compartilo con vós.


                                                             AMAR AS PREGUNTAS

Ten paciencia con todo aquilo
que non se resolveu no teu corazón
e intenta amar as preguntas por sí mesmas,
como se fosen cuartos pechados
ou libros escritos nunha lingua estranxeira.
Non busques agora as respostas
que non esteas preparado para vivir,
pois a clave é vivilo todo.
Vive as preguntas agora.
Tal vez as atopes, pouco a pouco, sen notalas,
e algún día lonxano chegues ás respostas.

                                                                          Rainer Maria Rilke



Dedicada a Lidia. "Ra sobre nenúfar"  
En recordo dos  lindos momentos que pasou  na  charca do cole.

En sinal de dó pola súa pérdida, hoxe luns e mañá martes non realizaremos ningunha tarefa escolar. A programación semanal empezará o mércores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario