En L.Galega, pedinvos, antes de rematar as clases presenciais, que escribírades un texto argumentativo sobre as medidas preventivas que se tomaron para evitar a propagación do coronavirus. E o día 26 que escribírades unha noticia, tamén sobre o tema do coronavirus
Non é o mesmo tipo de texto. Un texto argumentativo e unha noticia teñen características diferentes, como ben sabedes.
Un é un texto argumentativo sobre as medidas preventivas que se tomaron para evitar a propagación do cornavirus (necesidade ou non de que se tomen esas medidas, o útiles ou inútiles que poden resultar, se son suficientes, se vos parece que habería que tomar máis, ou outras diferentes, etc) e o outro é un texto diferente, trátase de escribir unha noticia sobre aspectos que vos parezan interesantes sobre o tema do coronavirus, non ten por que ser exclusivamente relacionado coas medidas preventivas, pode ser sobre calquera outro tema que vos chamase a atención e que poidades comentar en forma de noticia; algunha situación anecdótica, consecuencias na vida das persoas (saúde, traballo, rutinas diarias...).
Ningún comentario:
Publicar un comentario