Boa tarde, rapaciñas/os!
Espero que todas e todos sigades ben. Recordade que é importante manter o ánimo, o bo humor e organizarse ben durante este período de confinamento. Xa sabedes, ler, traballar un pouco cada día para o cole, facer un pouco de exercicio, xogar, ver algunha peli, colabor nas tarefas do fogar e falar cos vosos familiares e amigos/as que hai tempo que non vedes son cousas que nos axudarán a levar mellor esta situación.
Deixovos a continuación a táboa de enlaces actualizada con algunha información máis que seguro que vos será de utilidade para seguir aprendendo, pero tamén para desfrutar do voso tempo de lecer. Non deixedes de consultar os enlaces que máis vos interesen.
Enlaces de interés
|
|
Correo no que
podedes contactarme en caso de
necesidade.
|
|
Blog da biblioteca do cole
recentemente actualizado. Aproveitade para ler/consultar algún libro
que vos resulte interesante.
|
|
Clan Tv
É un programa de Tv con contidos educativos (tamén hai outro na TV2). Está organizado por niveis e temáticas (linguas, mates, soci...) E tamén remiten a un enlace (o primeiro do cadro da dereita) onde se explican moitos contidos e tedes moitas actividades on line relacionadas co noso currículo de 6º. |
|
Libros para
descargar en pdf.
|
|
E-books. Descarga
libre con tan só subscribrirse.
|
|
Editorial Vicens Vives, a dos
nosos libros de texto.
|
|
Educación artística. Nesta web hai unha boa selección de
actividades interesantes e variadas! Colorear, debuxar, manualidades...
|
|
Stop Motion. App para crear
historias con movemento (a do obradoiro de debuxo e tecnoloxía de Manel Cráneo)
|
|
Biblioteca Dixital Mundial
|
|
Audio libros: Aquí
tedes unha boa selección de audiolibros en español. No buscador podedes
atopar máis libros dos que aparecen a primeira vista.
|
|
GaliciaLe - A plataforma de
préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas.
Tedes acceso á lectura e visionado de
obras dixitais a través da internet.
Tamén podedes realizar o préstamo de
títulos en formato dixital para lelos ou velos en diferentes dispositivos:
tabletas, teléfonos intelixentes e ordenadores persoais. No caso dos libros,
poderás facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario