mércores, 1 de abril de 2020

Aviso boletín de notas

Ola a todas/os de novo!

Infórmovos de que a partires do venres, día 3 de abril, os boletíns das notas os podedes consultar na aplicación "Abalar familias". Se non tedes aínda esta aplicación, aproveitade para descargala. Tedes información sobre este asunto na web do colexio. "Este é o enlace para descargar a app Abalar familias":



Se por algunha razón non podedes facervos coa aplicación, avisádeme e pido o boletín no colexio para enviárvolo por correo electrónico.

Coméntovos tamén que a Consellería de Educación informou de que para esta 2ª avaliaición só se tería en conta a información que ten recollida o profesorado ata antes de que se suspendesen as clases (exames, traballos varios, deberes, tarefas de aula...).
Para a 3ª avaliación aínda non nos enviaron información, pero é de supoñer que todo dependerá do tempo que tardemos en volver ao cole. 

Unha forte e agarimosa aperta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario