Sei que non é doado de levar todo este tempo sen poder saír da casa, que vos estades esforzando moito. Pero tamén sei que sodes pacientes e voluntariosos/as, alegres e fortes, e que faredes todo canto estea nas vosas mans para que estes días tan longos e rutinarios sexan á vez agradables e amenos, divertidos e agarimosos para vós e as vosas familias.
Así que tedes máis que merecidas estas vacacións! Desfrutade delas todo canto poidades, descansade e divertídevos moito. Xa queda menos, e cando queiramos darnos de conta xa todo será parte do pasado. Xa veredes.
"Vémonos" á volta das vacacións!
Moito ánimo e unha aperta forte, forte!
Carlos
A natureza segue aí, e deseguida a desfrutaremos de novo en plena primavera!
Só necesitamos un chisco máis de paciencia!
Saíde de cando en vez á ventá, balcón, terraza ou finca das vosas casas e parádevos a escoitar o canto dos paxaros. Agora están moi activos porque empeza a época de apareamento e cría. Probade a recoñecelos escoitando o seu cantar:
Entrade no enlace que vos deixo a continuación. Premede en cada paxariño e os escoitaredes cantar. Está xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario