Algunha proposta máis para estas vacacións.
A pesares de que durante un tempo temos que quedar na casa é posible
desfrutar da natureza doutras maneiras. Xa sei que nunca será o mesmo que pasear
polo monte ou pola praia. Porén, a proposta que vos fago é unha opción que nos axudará a desfrutar da
armonía, paz e liberdade que nos transmiten as aves...
Podedes observar, a través dunha webcam en directo, os niños de
diferentes aves e ir vendo como vai o desenvolvemento das súas crías, como
recompoñen os niños, como lles dan de comer, a eclosión dos ovos, o rápido que
van medrando... Hai momentos nos que apenas hai actividade, pero outros nos que
están moi activas. Trátase de facer o seguemento un ratiño cada día, a diferentes horas...
Escollede a ave (ou varias delas) que máis vos interese e observade o seu
comportamento. No caderno de campo (ou calquera outro caderno que teñades a man)
podedes ir anotando aqueles cambios que ides observando e ilustrándoo con
suxerentes debuxos... Pois iso, a desfrutar un pouco da natureza!
Ningún comentario:
Publicar un comentario